miércoles, 30 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Co gallo da celebración da semana das Letras Galegas, realizáronse varias actividades:

- Exposición de traballos sobre a vida e obra de Mª Victoria Moreno:



- O alumnado de 1º traballou a obra de Mª Victoria Moreno "Un cachiño de bica?"



- Romaría das Letras Galegas. Realizáronse diferentes obradoiros e actividades: actuacións musicais, teatro a cargo da Asociación AMBAR, xogos de pistas, xogos populares, obradoiros...





martes, 29 de mayo de 2018

ABRIL, MES DOS LIBROS

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

Tivemos o pracer de falar con Teresa González sobre Fred Quincalla.




VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ

O día 20 de abril visitounos Jacobo Fernández Serrano, autor do cómic Marcopola.


ACTIVIDADE DE INTERCAMBIO CO CEIP PRAIA XARDÍN.

O día 2 de abril compartimos unha actividade cos compañeiros do CEIP Praia Xardín. Unha aula de 1º visitou  colexio veciño para ler e debuxar poemas relacionados co mar xunto cos compañeiros de 5º. Ao noso cole acudiu un grupo de 1º para compartir coa aula de 6ºC a mesma actividade.







APADRIÑAMENTO LECTOR


domingo, 11 de marzo de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da celebración do día de Rosalía de Castro, traballáronse nas aulas diferentes aspectos da vida e obra da autora. Cada grupo elaborou un traballo en formato cómic que forma parte da exposición situada na entrada do colexio.


ESTUDIO EN ESCARLATA

Os alumn@s do club de lectura recoméndannos a súa última lectura: "Estudio en escarlata", de Arthur Conan Doyle.






lunes, 5 de marzo de 2018

CONTOS NO RECREO

Durante o mes de febreiro, os nenos e nenas de 1º e 3º, animáronse a contar.

Os alumn@s de 3º presentáronnos a historia de Marquiños




Coñecedes a historia de Dona Carme?


miércoles, 24 de enero de 2018

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

O mércores 7 de febreiro, terá lugar, na Baiabiblio, un obradoiro de decoración de máscaras.




LECTORES ELECTRÓNICOS


A Baiabiblio pon a disposición do alumnado de 6º tres lectores electrónicos kindle.

O préstamo dos lectores deberá solicitarse no recreo dos luns, na biblioteca e  deberá devolverse no prazo de dúas semanas.


Os títulos que inclúen, inicialmente, os lectores son os seguintes:
- El mundo de Norm. Jonathan Meres.
- Astérix e Cleopatra. René Goscinny.
- Wonder. La lección de August. R. J. Palacio.
- A señorita Bubble. Ledicia Costas.