lunes, 23 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBILIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES coas seguintes actividades:


  • Contacontos no recreo:



  • Sesión de formación de usuarios. O alumnado do centro acudirá á biblioteca para coñecer a súa organización e funcionamento.
  • Posta en marcha das mochilas viaxeiras para 5º e 6º.
  • Entrega ás familias do tríptico explicativo do funcionamento da Baiabiblio.







miércoles, 11 de octubre de 2017

ACHEGANDO DOUS MUNDOS

Proxecto realizado no curso 2016/2017 co alumnado de 6º e os usuarios do Centro de día de Boiro.
Durante o pasado curso, tivemos a sorte de compartir grandes momentos cos nosos maiores.
Queriamos coñecer a forma de divertirse que tiñan os nosos avós (eles non tiñan móbiles, tablets ou ordenadores!!), polo que decidimos achegarnos ao Centro de día e  entrevistar  algunhas persoas que acoden alí todos os días.
O tempo pasóusenos voando en tan boa compañía, así que, voltamos. Esta vez tiñan preparados os xogos de cando eran novos: a ra, a estornela, a chave... Que xornada tan divertida!!
E cando fas novos amigos, calquera disculpa é boa para pasar un rato con eles: cantar panxoliñas, ler o periódico, dar un paseo...
Momentos inesquecibles dos que vos deixamos unha pequena mostra


experienciasCdia from Ceip Santa Baia on Vimeo.

CLUB DE LECTURA

Xa está en marcha o club de lectura para os alumn@s de 6º.
O libro elixido polos membros do club é "Ojos de nube", de Ricardo Gómez.



OS MÉRCORES NO RECREO... CONTO!

Un ano máis, na Baiabiblio, teremos contos no recreo.
Hoxe, para comezar, estiveron con nós as nenas de 5ºC para contarnos "Ñac ñac"