sábado, 25 de marzo de 2017

MÉRCORES 29 DE MARZO. OBRADOIRO DE DEBUXO MANGA.

Non olvides que o próximo 29 de marzo, de 16:00 a 18:00, terá lugar a segunda sesión do Obradoiro de debuxo manga, esta vez para o alumnado de 4º, 5º e 6º.
Así foi a primeira sesión. Candela explicounos unhas nocións básicas sobre o Manga e con ela nos convertemos en mangakas.








VISITA AO MUÍÑO DE BRAZOS

Seguimos descubrindo e aprendendo como funcionan os muíños.
Grazas, Ana Isabel, por compartir con nós un lugar tan marabilloso.


lunes, 20 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE DEBUXO MANGA

Os días 22 e 29 de marzo, en horario de 16:00 a 18:00, terá lugar na Baiabiblio un obradoiro de debuxo manga, no que Candela Novoa compartirá con nós a súa afición.


XADREZ NA BAIABIBLIO



Queres xogar ao xadrez? Ven os luns á Baiabiblio.






domingo, 19 de marzo de 2017

VISITA DE 6ºC AOS MUÍÑOS DE PONTE GOIÁNS

O día 20 de febreiro visitamos os Muíños de Ponte Goiáns. Acompañáronnos na nosa visita  Ermitas, nai de Alba; Suso, o seu avó  e Maruxa, unha veciña que pasou moitas horas traballando neste lugar. Eles explicáronnos o funcionamento dos muíños, os aparellos que empregaban, como era o sistema de propiedade e compartiron con nós os seus recordos.







jueves, 2 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE CREMA DE CACAO

Unha vez máis, temos que dar as grazas ás mamás do Foro Ecolóxico de Boiro, que hoxe nos acompañaron para aprendernos a facer unha deliciosa crema de cacao.





Investigamos algunhas cuestións sobre os ingredientes das cremas de cacao.


 E, como non, degustamos a crema de cacao caseira





Atréveste a facer a túa crema?



Desde o noso horto a... ROSALÍA!

Así homenaxearon a Rosalía os nen@s de 2º



Rosalia17 por ceip-santabaia