lunes, 17 de octubre de 2016

REVISTAS

No expositor da  zona de lectura informal (sofás), podes atopar as revistas e tornáis aos que estamos subscritos:

- O Papagaio, xornal mensual con contidos variados: Historia, Ecoloxía, Natureza, Banda Deseñada...




- National Geographic kids, revista con artículos curiosos sobre animais, ciencia...


jueves, 13 de octubre de 2016

TARDES EN FAMILIA

Recordade que a Baiabiblio permanecerá aberta ás familias as tardes dos mércores entre as 16:00 e as 18:00, para realizar préstamos e participar en distintas actividades como contracontos, talleres...




BIBLIOPATIO

Porque calquera lugar e todos os momentos son bos para ler, porque nos gusta compartir a lectura cos nosos amigos, porque disfrutamos lendo, porque...
A Baiabiblio tamén sae ao recreo. No patio cuberto atoparedes a Biliopatio, na que os/as axudantes de biblio prestaranvos un libro durante o recreo que devolveredes ao rematar o mesmo. Se vos apetece levar ese libro á casa, teredes que realizar o préstamo na biblioteca.




domingo, 9 de octubre de 2016

XORNADAS DE FORMACIÓN

Durante esta semana, todas as aulas do cole asistiron á Baiabiblio, onde os compañeir@s axudantes de biblioteca explicáronlles como está organizada a biblioteca: que libros podemos atopar en cada zona, cal é o significado da etiqueta de cada libro, como podemos facer préstamos, uso dos ordenadores, normas da biblio...
Cada alumn@ decorou unha táboa que utilizaremos para marcar o lugar do libro que collemos, para conseguir que cada libro estea no seu lugar.
Gracias a todos os profes pola sea colaboración, ao alumnado pola súa atención e sobre todo aos axudantes, que o fixeron fenomenal.