martes, 17 de noviembre de 2015

QUE BEN O FIXERON MARGA E ELISA!!

Como disfrutamos o mércores co conto "A princesa do Caurel"!
Gracias ás dúas por facernos pasar un rato estupendo e a ti, Elisa, por seguir participando nas actividades do cole. Seguro que o fas igual de ben no instituto.

Familias, recordade que todos os mércores podedes vir cos nenos/as á biblioteca a ler, coller libros prestados... Non todos os mércores teremos unha actividade especial, pero si unha vez ao mes.
Quen se anima a axudarnos coa seguinte??

E agora... queredes ver como foi a actuación de Marga e Elisa??




lunes, 9 de noviembre de 2015

CONTACONTOS "A PRINCESA DO CAUREL"


Non olvides vir a tarde do mércores, 11 de novembro, ás 16:15, á Baiabiblio.

 É a primeira tarde que a biblioteca abre as súas portas ás familias, e para celebralo estarán con nós dúas contacontos moi especiais:

Elisa, alumna e colaboradora da biblio (agora xa no instituto) e a súa nai, Margarita, contaránnos e cantaránnos o conto:








                                                


lunes, 2 de noviembre de 2015

GUÍA DE USUARIOS

Para recordarvos as normas, organización, funcionamento... da Baiabilio, o equipo de bilio elaborou este tríptico que esperamos que vos sirva de axuda.







XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Despois dun tempo pechada por reformas, a BAIABIBLIO abre as súas portas o mércores, 4 de novembro, no recreo.

Espéranvos algunhas novidades que seguro vos gustarán: nova organización, un rincón de lectura...

 Podes visitarnos durante o recreo , na sesión de biblioteca da túa aula ou polas tardes en horario de 16:00 a 18:00. Ademais, os mércores a partir do 11 de novembro, podes vir acompañado dos teus familiares. Este día podes realizar préstamos, buscar información, ler e participar nalgunhas actividades como contacontos, obradoiros... que se irán organizando ao longo do curso.