lunes, 27 de abril de 2015

jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celébrase en moitos países o DÍA DO LIBRO.
No noso cole decoramos a entrada para conmemorar esta data




Ademais os nenos/as de todos os cursos podedes cubrir esta ficha de datos dun libro dos expostos na entrada ou doutro calquera que vos guste (podes pedirlla ao teu profe ou na biblioteca). Coas fichas que nos entreguedes faremos un álbum chulísimo.

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Ata agora non falaramos deles no blogue aínda que todos/as sabedes quen son:

OS AXUDANTES DA BAIABIBLIO



Estes rapaces/as decidiron, no mes de decembro, axudar aos profes un día á semana durante o recreo para facer os préstamos, colocar libros, axudar aos máis pequenos...
Estas son as súas funcións:





Temos que decir que, ademais destas tarefas, que non son poucas, os axudantes de biblio están traballando moitíiiiiiiisimo na reorganización da biblioteca e os profes estamos moi agradecidos.
GRACIAS!!!

viernes, 17 de abril de 2015

CERTAME LITERARIO RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ

Se estudas 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria, non olvides presentar o teu traballo ao CERTAME LITERARIO RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ.
O prazo remata o 12 de maio.
Podes entregarllo ao teu profe ou na biblioteca.
Anímate!!!


sábado, 11 de abril de 2015

OS NOVOS AMIGOS DE ZAMPALIBROS

A nosa amiga Zampalibros ten uns invitados especiais na Baiabilio: VERMES DE SEDA!!!
Zampalibros necesita a nosa axuda para descubrir como coidar a estes amiguiños: de que se alimentan, canto dura cada ciclo da súa vida, que ocorre cando forman o casulo...
Estás disposto a axudarlle??




Na biblio deixamos unha carpeta na que iremos xuntado a información que entre todos/as atopemos.

Nos seguintes enlaces podes atopar información e actividades sobre os vermes de seda.















viernes, 3 de abril de 2015

RECITAL DE POESÍA

Durante o mes de marzo, mes da poesía, cada curso recitou un poema de Rosalía de Castro.
E aquí están os resultados!

INFANTIL




PRIMEIRO






SEGUNDO




  TERCEIRO





CUARTO





SEXTO









SEMINARIO DE FORMACIÓN. ANIMACIÓN Á LECTURA.

Durante o presente curso 2014/2015, algúns mestres/as do centro estamos a realizar, entre outras actividades de formación relacionadas coa biblioteca escolar, un seminario de animación á lectura.
A principios deste curso surxiu, entre os membros do equipo, a necesidade de levar a cabo algún cambio na nosa biblioteca: organización, actividades de formación de usuarios, actividades de dinamización, etc.

Por iso solicitamos un seminario de formación no que puidemos contar coas ponencias de persoas con gran experiencia en bibliotecas escolares como Dolores Iglesias do CEIP de Cespón ou Covadonga Rodríguez do CEP Brea Segade, ademais da grande axuda da asesora de bibliotecas escolares do CAFI, Leonor Mazaira, que nos proporcionou ideas, materiais, e, sobre todo, ganas de aprender, de traballar e de facer ben as cousas.

A través deste blog  irémosvos informando dos cambios realizados na Baiabiblio e das novas actividades e materiais dos que dispoñemos na biblioteca.