domingo, 29 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Recursos para traballar a PAZ na aula:

Curta: El Puente.





Rap para traballar o acoso escolar. EL LANGUI. SE BUSCAN VALIENTES.





Poesía de Gloria Fuertes no centenario do seu nacemento.

No seguinte enlace podedes atopar unha escolma dos seus poemas realizada polo CEIP Enríquez Barrios de Córdoba.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/14001529/helvia/aula/archivos/_6/D%EDa%20de%20la%20Paz%20con%20GF.pdf

sábado, 28 de enero de 2017

MUÍÑOS DE PONTE GOIÁNS

Durante os próximos meses, imos levar a cabo no colexio un proxecto de investigación sobre os muíños de Ponte Goiáns. Estes, e outros muíños de Boiro, gardan unha parte moi importante da historia, tradicións e costumes do noso pobo.
As diferentes aulas do cole estudiaremos unha parte do proxecto que logo compartiremos cos nosos compañeiros: o funcionamento dos muíños, as súas partes, a elaboración do pan, a enerxía hidráulica, a fauna e flora do entorno, costumes...
Realizaremos distintas actividades (visitas, charlas, exposicións...) das que vos iremos informando, e para elo, queremos pedir a colaboración das familias. Seguro que algún pai, nai, avó, avoa... pode aportarnos algún material, historia,  cantiga... sobre o tema. Estaremos encantados de contar coa cosa axuda.

Deixámosvos con estas imaxes de Ponte Goiáns

 

Video cedido por José García Santiago, fotógrafo especializado en fotografía submarina. Aquí podes visitar o seu blog http://www.mergullo.net