miércoles, 27 de diciembre de 2017

MES DA CIENCIA

Actividades realizadas durante o mes de Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares:

Xavi Polo nos presenta o seu robot Milo e explícanos o seu funcionamento.



Exposición de fichas das árbores do noso cole: alumnado do 3º nivel.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2017

O mellor agasallo, un libro.

domingo, 26 de noviembre de 2017

O CLUB DE LECTURA RECOMÉNDANOS...

Os alumn@s do club de lectura nos recomendan "Ojo de Nube", de Ricardo Gómez.

Lucía Outeiral, Lucía Sánchez, Uxía e Laura elaboraron este book trailer para presentarnos o libro. Para elo, contaron coa axuda de Irene Iglesias, antigua alumna do cole. Grazas, Irene.




Os integrantes do club cóntannos por qué lles gustou "Ojo de Nube".








lunes, 23 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBILIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES coas seguintes actividades:


  • Contacontos no recreo:



  • Sesión de formación de usuarios. O alumnado do centro acudirá á biblioteca para coñecer a súa organización e funcionamento.
  • Posta en marcha das mochilas viaxeiras para 5º e 6º.
  • Entrega ás familias do tríptico explicativo do funcionamento da Baiabiblio.







miércoles, 11 de octubre de 2017

ACHEGANDO DOUS MUNDOS

Proxecto realizado no curso 2016/2017 co alumnado de 6º e os usuarios do Centro de día de Boiro.
Durante o pasado curso, tivemos a sorte de compartir grandes momentos cos nosos maiores.
Queriamos coñecer a forma de divertirse que tiñan os nosos avós (eles non tiñan móbiles, tablets ou ordenadores!!), polo que decidimos achegarnos ao Centro de día e  entrevistar  algunhas persoas que acoden alí todos os días.
O tempo pasóusenos voando en tan boa compañía, así que, voltamos. Esta vez tiñan preparados os xogos de cando eran novos: a ra, a estornela, a chave... Que xornada tan divertida!!
E cando fas novos amigos, calquera disculpa é boa para pasar un rato con eles: cantar panxoliñas, ler o periódico, dar un paseo...
Momentos inesquecibles dos que vos deixamos unha pequena mostra


experienciasCdia from Ceip Santa Baia on Vimeo.

CLUB DE LECTURA

Xa está en marcha o club de lectura para os alumn@s de 6º.
O libro elixido polos membros do club é "Ojos de nube", de Ricardo Gómez.



OS MÉRCORES NO RECREO... CONTO!

Un ano máis, na Baiabiblio, teremos contos no recreo.
Hoxe, para comezar, estiveron con nós as nenas de 5ºC para contarnos "Ñac ñac"



jueves, 22 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

E chegou o momento de despedirnos, non sen antes deixarvos as recomendacións lectoras da Zampalibros para este verán.
Felices vacacións!!!


sábado, 3 de junio de 2017

ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

VISITA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO

Antón estivo coa alumnado de 1º e 2º de Primaria para fallarles do ser amigo Carlos Casares.








A GALIÑA AZUL. CONTO E CANCIÓN.

Os nen@s de 2º adaptaron o conto "A galiña azul" e interpretaron unha canción. Que ben o fixeron!!



ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS



TRABALLOS REALIZADOS NO PROXECTO "OS MUÍÑOS"

Todo o profesorado e alumnado do colexio participou no proxecto de investigación dos muíños. Estas son algunhas mostras dos traballos realizados:


En 1º investigaron o proceso de elaboración do pan:





Uxía Lozano realizou esta presentación:




Traballo dos muíños from PILI

Traballo presentado polos alumn@s de 6ºC



Muíños de Ponte Goiáns from PILI

En 5º estudiaron a Energía Hidráulica e construiron un muíño


En Infantil e 3º estudaron as aves do entorno




jueves, 4 de mayo de 2017

EXPOSICIÓN TEMÁTICA DOS MUÍÑOS




Co gallo da celebración das Letras Galegas, solicitamos a vosa colaboración aportando aparellos relacionados coa actividade muiñeira (peneiras, cuncas, ferrados, pás...) para realizar unha exposición sobre o tema.
Poderes achegar estes materiais a partir de mañá. A exposición permanecerá no centro durante o mes de maio.

lunes, 1 de mayo de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

O luns 25 de abril realizamos unha actividade de apadriñamento/amadriñamento lector, na que un alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º contaban un conto ao seu afillado/a de Infantil, 1º e 2º.
Calquera lugar é máxico cando compartes un libro: as escaleiras, un banco, o tobogán...
Para rematar, cantamos xunt@s a canción de Pablo Díaz "O libro".

viernes, 7 de abril de 2017

OS ESCRITOR@S VISÍTANNOS

Nas últimas semanas, tivemos a ocasión de coñecer a Ledicia Costas e Héctor Cajaraville.

Ledicia estivo coas aulas de 6º para falarnos do seu libro "Esmeraldina, a pequena defunta".









Héctor Cajaraville visitou o alumnado de 5º que estivo a traballar o seu libro "Quen dá a quenda?"







sábado, 25 de marzo de 2017

MÉRCORES 29 DE MARZO. OBRADOIRO DE DEBUXO MANGA.

Non olvides que o próximo 29 de marzo, de 16:00 a 18:00, terá lugar a segunda sesión do Obradoiro de debuxo manga, esta vez para o alumnado de 4º, 5º e 6º.
Así foi a primeira sesión. Candela explicounos unhas nocións básicas sobre o Manga e con ela nos convertemos en mangakas.








VISITA AO MUÍÑO DE BRAZOS

Seguimos descubrindo e aprendendo como funcionan os muíños.
Grazas, Ana Isabel, por compartir con nós un lugar tan marabilloso.


lunes, 20 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE DEBUXO MANGA

Os días 22 e 29 de marzo, en horario de 16:00 a 18:00, terá lugar na Baiabiblio un obradoiro de debuxo manga, no que Candela Novoa compartirá con nós a súa afición.


XADREZ NA BAIABIBLIO



Queres xogar ao xadrez? Ven os luns á Baiabiblio.






domingo, 19 de marzo de 2017

VISITA DE 6ºC AOS MUÍÑOS DE PONTE GOIÁNS

O día 20 de febreiro visitamos os Muíños de Ponte Goiáns. Acompañáronnos na nosa visita  Ermitas, nai de Alba; Suso, o seu avó  e Maruxa, unha veciña que pasou moitas horas traballando neste lugar. Eles explicáronnos o funcionamento dos muíños, os aparellos que empregaban, como era o sistema de propiedade e compartiron con nós os seus recordos.







jueves, 2 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE CREMA DE CACAO

Unha vez máis, temos que dar as grazas ás mamás do Foro Ecolóxico de Boiro, que hoxe nos acompañaron para aprendernos a facer unha deliciosa crema de cacao.





Investigamos algunhas cuestións sobre os ingredientes das cremas de cacao.


 E, como non, degustamos a crema de cacao caseira





Atréveste a facer a túa crema?