martes, 22 de noviembre de 2016

MES DA CIENCIA NA BAIABIBLIO







Durante este mes levaremos a cabo varias actividades na Baiabiblio relacionadas coa Ciencia.

Zampalibros propón un xogo de pistas. Xa o resolviches?. As solucións podes atopalas nos libros expostos no corredor da biblioteca.




Non olvides depositar a túa ficha na caixa verde que atoparás sobre a maleta, que trouxo chea de libros de Ciencia, a Zampalibros da súa viaxe a Santiago de Compostela.


Os días 28, 29 e 30 a Baiabiblio convertirase nun laboratorio. Os nen@s de 4º, 5º e 6º presentarán e realizarán un experimento cos alumn@s de 1º, 2º e 3º; e os máis pequenos (si, si, os de Infantil) presentarán un experimento aos maiores: "Por que nos lavamos as mans?"

CIENCIA EN GALEGO NA BAIABILIO

Libros sobre ciencia, en galego, que podes atopar na nosa biblioteca.



domingo, 6 de noviembre de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Con motivo da celebración do mes da Ciencia en galego nas bibliotecas, na Baiabiblio terán lugar unha serie de actividades que xirarán en torno á Ciencia.



Mes da Ciencia en galego.

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O DOG do 26 de outubro publica a Orde de 13 de outubro pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) para o curso 2016/2017, no que está incluido o noso centro.


Isto supón o recoñecemento ao traballo realizado pola comunidade educativa: alumnado, pais/nais e mestres pola mellora da biblioteca e a achega de recursos e formación para continuar transformando a mesma.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración!!