domingo, 24 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR

O venres, 22 de abril, realizamos unha actividade de apadriñamento/amadriñamento lector, na que un alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º contaban un conto ao seu afillado/a de Infantil, 1º e 2º.
Os nenos/as buscaron un lugar para compartir a súa lectura: nas escaleiras, nun banco, debaixo dunha árbore, no ximnasio ... Os padriños, madriñas e afillados intercambiaron agasallos elaborados por eles mesmos, como recordo desta actividade.
Noraboa, rapaces/as pola responsabilidade e o bo comportamento que amosáchedes!!



domingo, 17 de abril de 2016

sábado, 16 de abril de 2016

A VELLA GRUÑONA

As nenas de 5º representaron o martes unha obra de teatro: "A vella gruñona".
Elas soas prepararon o guión, carteis, invitacións... e ensaiaron, sen axuda, nos seus ratos libres.
Que ben o fixeron!!


miércoles, 13 de abril de 2016

BAIA VIAXE!!

Dentro do proxecto de centro "Baia viaxe", os nenos e nenas de 2º realizaron un traballo de investigación que queren compartir con nós.

domingo, 10 de abril de 2016

"LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS"

O martes, 5 de abril, Aitana e Lucía contáronos este simpática historia.
Que ben o pasamos!!



TARDE DE CONTOS

O mércores 13 de abril, ás 16:45, teremos con nós á profe Ana Lojo para contarnos un divertido conto en inglés, que leva por título "A COLOURFUL FRIENDSHIP". Ao rematar, Ana tennos preparada algunha sorpresa.
Non faltedes!!





PROXECTO DE INVESTIGACIÓN "BAIA VIAXE"

Como xa moitos de vós sabedes, estamos levando a cabo, durante este curso, un proxecto de investigación sobre diferentes países.
Por este motivo, no mes de febreiro, visitounos Raúl Albarrán, profesor en Pachacútec, Perú (país que están estudiando os compañeiros/as de 4ºC). Raúl explicounos como é día a día na cidade onde vive e nas escolas onde traballa.





O 1 de abril tivemos a sorte de contar con Larusi e Amparo Cerecedo. Larusi é un neno saharahui que actualmente pasa o curso estudando no noso país, para volver no verán coa súa familia. Larusi e Amparo explicáramos a difícil situación que está viviendo o pobo saharaui, tema de estudio da aula de 6ºC.







BAIA POETAS!!

Con motivo do mes da poesía, durante o mes de marzo os nenos e nenas do Santa Baia convertéronse en poetas e elaboraron conxuntamente estés fermosos poemas:



poema A - baiapoema por ceip-santabaia




poema B por ceip-santabaia





poema C por ceip-santabaia