lunes, 29 de febrero de 2016

VISITA DE MARÍA SOLAR

O día 16 de febreiro, os nenos e nenas de 4º curso tiveron a sorte de coñecer a María Solar, que visitou a Baiabiblio para falar, entre outros, do seu libro "O meu pesadelo favorito".
O alumnado de 4º puido charlar con María Solar e resolver dúbidas sobre os personaxes da súa obra.

Grazas, María!!


domingo, 28 de febrero de 2016

CONTACONTOS NO RECREO

Como xa anunciamos no taboeiro da Baiabiblio, todos aqueles nenos e nenas que queirades contar un conto aos vosos compañeiros/as, non tendes mais que avisar a un axudante de biblio ou a un profe para que vos digan que día podedes facelo.



E xa temos conto para o martes 2 de marzo! As contacontos serán Sara e Andrea, de 5ºC e contarannos o conto "A que sabe a lúa?".



sábado, 27 de febrero de 2016

DIVERTIDA TARDE NA COCIÑA!!

Xa sabedes que na Baiabiblio podemos atopar información sobre temas moi variados, entre outros, a cociña.
Estas son algunas das novidades que podes consultar:




A tarde do mércores, 17 de febreiro, tivemos a sorte de contar, unha vez máis, coa colaboración dunha familia do noso cole. Esta vez foi o turno de Violeta e Cecilia coa súa nai, Lili, que nos ensinaron a decorar galletas.
Na actividade participou o alumnado de 5º e 6º, aínda que esperamos poder repetila con outros cursos, xa que foi todo un éxito.