miércoles, 27 de enero de 2016

LIBROS CEIBES

Como xa sabedes, na primeira planta do cole, hai unhas caixas frente ás escaleiras, nas que podedes coller algún libro para levar á vosa casa.
Son libros que están deteriorados, son moi antigos, están dirixidos a adultos... Os retiramos da biblioteca para que nos quede sitio para as novas adquisicións, pero nos dá pena tiralos. Se queres levar algún, non tes máis que collelos.
Neste traballo están colaborando algúns alumnos de 5º que, durante os recreos, van seleccionando os libros que están retirados, anotando na primeira páxina "anulado" e repoñendo os libros das caixas.
Gracias polo voso traballo Sara, Jorge, Alba e Violeta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario