domingo, 27 de diciembre de 2015

KAMISHIBAI DO APALPADOR

A tarde do mércores, 16 de decembro, tivemos a sorte de contar cunha contacontos especial: Esther, a mamá de Mencía e Diego. Contounos unha bonita historia do Apalpador e para elo utilizou un kamishibai, que, como nos conta a profe Susana na presentación é una especie de teatriño orixinario de Xapón.



O kamishibai que empregou Esther prestáronnolo os compañeiros do colexio de Escarabote, pero tanto nos gustou, que a nosa mascota Zampalibros escribiulle unha carta ao Apalpador pedíndolle un para a Baiabiblio. A ver se temos sorte!!

As láminas da historia foron elaboradas polo equipo de biblioteca e o alumnado colaborador da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla (Lugo). Moitas grazas, compañeir@s!!

Aquí está o video da actividade.





Despois do conto a profe Carmela animounos a cantar e bailar unha canción do Apalpador.

E para rematar a tarde coloreamos uns marcapáxinas do Apalpador que nos debuxou Carlos, de 5ºC. Grazas, Carlos!










No hay comentarios:

Publicar un comentario