A tarde do mércores, 16 de decembro, tivemos a sorte de contar cunha contacontos especial: Esther, a mamá de Mencía e Diego. Contounos unha bonita historia do Apalpador e para elo utilizou un kamishibai, que, como nos conta a profe Susana na presentación é una especie de teatriño orixinario de Xapón.
O kamishibai que empregou Esther prestáronnolo os compañeiros do colexio de Escarabote, pero tanto nos gustou, que a nosa mascota Zampalibros escribiulle unha carta ao Apalpador pedíndolle un para a Baiabiblio. A ver se temos sorte!!
As láminas da historia foron elaboradas polo equipo de biblioteca e o alumnado colaborador da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla (Lugo). Moitas grazas, compañeir@s!!
Aquí está o video da actividade.
Despois do conto a profe Carmela animounos a cantar e bailar unha canción do Apalpador.
E para rematar a tarde coloreamos uns marcapáxinas do Apalpador que nos debuxou Carlos, de 5ºC. Grazas, Carlos!
domingo, 27 de diciembre de 2015
domingo, 13 de diciembre de 2015
O APALPADOR
O mércores, 16 de decembro, será unha tarde especial na Baiabiblio.
Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.
A actividade dará comezo ás 16:30.
Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.
A actividade dará comezo ás 16:30.
Ademais teremos música, baile e elaboración de marcapáxinas.
Non podes faltar!!!
martes, 8 de diciembre de 2015
COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.
Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.
Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá... apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou...
Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)