lunes, 2 de noviembre de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Despois dun tempo pechada por reformas, a BAIABIBLIO abre as súas portas o mércores, 4 de novembro, no recreo.

Espéranvos algunhas novidades que seguro vos gustarán: nova organización, un rincón de lectura...

 Podes visitarnos durante o recreo , na sesión de biblioteca da túa aula ou polas tardes en horario de 16:00 a 18:00. Ademais, os mércores a partir do 11 de novembro, podes vir acompañado dos teus familiares. Este día podes realizar préstamos, buscar información, ler e participar nalgunhas actividades como contacontos, obradoiros... que se irán organizando ao longo do curso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario